Inicio Galicia A Xunta de Galicia busca a inclusión socio-laboral da poboación xitana a...

A Xunta de Galicia busca a inclusión socio-laboral da poboación xitana a través dos programas Acceder e Promociona

0

A Administración autonómica destina en 2018 máis de 65.000 euros ao desenvolvemento destes itinerarios que teñen como finalidade mellorar a capacidade de inserción das minorías étnicas no mercado de traballo


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o director da Fundación Secretariado Gitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández, renovaron esta mañá o convenio de colaboración para a execución de accións do programa operativo estatal de inclusión social e economía social 2014-2020 do Fondo Social Europeo. O acto, que tivo lugar nas dependencias administrativas da Xunta de Galicia en San Caetano, contou coa asistencia do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente.

Este acordo permitirá desenvolver itinerarios integrados de inclusión socio-laboral para a poboación xitana e a incorporación da orientación educativa, apoio e reforzo nas escolas mediante os programas Acceder e Promociona. Estes versarán especialmente sobre materias de formación profesional ocupacional, orientación laboral e acompañamento no acceso ao emprego entre outros.

O obxectivo destes itinerarios é mellorar a capacidade de inserción e incorporación das minorías étnicas no mercado de traballo, así como a inserción de persoas xoves desempregadas e en situación de exclusión social, o fomento dos servizos de proximidade ou a capacitación dos beneficiarios nunha profesión ou oficio. Pola súa banda, a Fundación Secretariado Gitano encargarase do mantemento de seis dispositivos de intervención, coa finalidade de realizar accións de acollida, orientación, acompañamento e acceso de minorías étnicas, preferentemente á formación e ao emprego. Estes dispositivos estarán situados nos concellos da Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, e Santiago de Compostela. Así mesmo, desenvolverá accións de asesoramento e apoio dirixidas a impulsar políticas sociais máis activas coa comunidade xitana e actuacións que aseguren unha oferta axeitada de servizos que reforcen a prevención do abandono escolar prematuro.

Leer más:  Las pernoctaciones en hoteles gallegos aumentan un 3,5% en agosto en Galicia, llegando a 1.673.800

Para a realización das actividades obxecto deste acordo, a Xunta achegará a cantidade de 65.920 euros que cubrirán os gastos de persoal, de mantemento e das actividades.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinautra, entendendo os seus efectos desde o día 1 de xaneiro de 2018 con vixencia ata o 31 de decembro deste mesmo ano.


- Te recomendamos -