Inicio Galicia Nava Castro subliña en Noia a mellora da rendibilidade do sector hoteleiro...

Nava Castro subliña en Noia a mellora da rendibilidade do sector hoteleiro galego, que encadea cinco anos de crecemento

0

Salientou a importancia da formación tanto para facilitar o acceso aos profesionais ao mercado laboral como para o destino galego, que gaña en competitividade


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, clausurou hoxe en Noia a quinta edición do curso de verán A evolución do turismo no marco da sociedade global. Retos para a súa planificación e xestión, organizado pola Universidade da Coruña, onde puxo en valor a mellora que están a rexistrar os niveis de rendibilidade do sector hoteleiro galego, que encadea cinco anos consecutivos de crecemento.

A responsable de Turismo da Xunta salientou o incremento dun 3% no primeiro cuadrimestre do ano nas tarifas hoteleiras e resaltou, ademais, que o turismo estea a xerar xa máis emprego do que o facía hai un ano e que a taxa de paro no primeiro cuadrimestre descendeu 2,2 puntos. “Galicia avanza en aspectos clave que nos axudan a garantir un modelo turístico responsable como está a demostrar ser o galego, onde tamén é importante contar con profesionais preparados”, explicou.

Neste sentido a Estratexia de turismo de Galicia 2020, a folla de ruta do turismo da Comunidade elaborada co sector, centra unha das súas 11 liñas de traballo especificamente á formación ao supor unha oportunidade en dúas direccións. Por unha banda, para os traballadores, ao facilitarlles o acceso ao mercado laboral, e por outro lado, para as empresas e para o destino galego, que gaña en competitividade, explicou Nava Castro.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

Impulso ao turismo industrialXunto a isto, puxo en valor o apoio da Xunta aos concellos e entidades locais á hora de poñer en valor os seus recursos turísticos así como o seu impulso ao sector para emprender no eido turístico e poñer en marcha novas experiencias, a través da convocatoria anual de axudas que este ano supera os seis millóns de euros. Neste sentido, e referíndose aos retos do futuro turístico, Nava Castro salientou a importancia destas axudas á hora de contribuír a especializar e diversificar a oferta por todo o territorio galego, dando así resposta aos obxectivos da Estratexia 2020.

Puxo como exemplo o impulso dado a xeodestinos como o de Muros-Noia, co que se colaborou para a sinalización dos seus recursos turísticos, así como para facilitar iniciativas como as visitas aos museos da ría ou o impulso do turismo industrial, aproveitando as factorías costeiras con forte arraigo na cultura local desta ría como salazóns ou conserveiras, con itinerarios por mar e por terra para achegarse a ese patrimonio.

Leer más:  En Galicia, la calidad del aire ha mejorado, con la mayoría de estaciones en situación favorable o regular, excepto en las zonas de Vigo

- Te recomendamos -