Inicio Galicia A Xunta recoñece o esforzo do alumnado con discapacidade participante nos cursos...

A Xunta recoñece o esforzo do alumnado con discapacidade participante nos cursos de formación prelaboral de entidades de iniciativa social

0

A Administración autonómica investiu nesta orde de axudas para proxectos de formación e asesoramento prelaboral nos anos 2017 e 2018 algo máis dun millón de euros


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou na entrega de diplomas ás persoas con discapacidade que completaron durante os anos 2017 e 2018 os proxectos de formación e asesoramento prelaboral desenvolvidos polas entidades de iniciativa social e subvencionados pola Administración autonómica. O acto, ao que tamén asistiu a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, tivo lugar na Sala Obradoiro do Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia.

Nesta segunda edición un total de 624 alumnos e alumnas participaron nos cursos para a mellora da empregabilidade que realizaron as 11 entidades do ámbito da discapacidade que concorreron a esta programa: a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga), a Asociación Coruñesa de Promoción do Xordo (Acopros), Down, a Asociación Sociocultural ASCM, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), a Federación de Asociacións de Familiares de Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes), Integra, Itínera, a Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica (Amicos) e Limisi Diversidade Funcional. A Xunta destinou algo máis dun millón de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo ao abeiro do programa operativo de Galicia 2014-2020, a subvencionar un total de 23 proxectos formativos.

Leer más:  En Galicia, la calidad del aire ha mejorado, con la mayoría de estaciones en situación favorable o regular, excepto en las zonas de Vigo

O conselleiro destacou o notable incremento de entidades de iniciativa social, persoas participantes e proxectos executados. Así, pasouse de 9 a 11 entidades organizadoras de cursos, as cales executaron 23 proxectos formativos fronte aos 11 da primeira convocatoria; e o número de alumnos e alumnas pasou de 265 na anterior edición aos 624 nesta segunda. Na súa intervención, apuntou que o obxectivo da Xunta de Galicia “é que as persoas que máis o precisan, melloren a súa calidade de vida a través da mellora das súas habilidades e da incorporación ao mundo laboral”. Así mesmo, Rey Varela engadiu que “esta meta será froito do traballo en común co resto de administracións así como coas entidades sociais de Galicia, porque elas son as que mellor coñecen a realidade das persoas con discapacidade”.

Nesta liña, lembrou que veñen de tomar posesión do seu posto como persoal da Xunta as persoas con discapacidade intelectual que superaron as oposicións específicas para este colectivo, as primeiras que se convocan na historia da autonomía; e que arestora está en marcha unha segunda convocatoria na que se ofertan outras 24 prazas.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

O titular autonómico agradeceu tamén o esforzo, tenacidade e traballo dos participantes nos proxectos. “Sodes todo un exemplo de superación, amosades cada día que sodes unha parte fundamental da sociedade cos mesmos dereitos, deberes e oportunidades e que as barreiras só existen nas mentes”, asegurou Rey Varela.

A orde mediante a cal se subvencionaron estes proxectos formativos, enmárcase na Estratexia Galega sobre discapacidade 2015-2020. Particularmente, esta actuación inclúese na liña estratéxica de formación e emprego, e incorpora de maneira transversal a perspectiva de xénero. A Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020, dirixe os seus esforzos cara os aspectos considerados clave para avanzar na consecución da igualdade real das persoas con discapacidade e a súa inclusión social. Este documento é o resultado dun proceso en que participaron as principais entidades sociais e profesionais neste eido e constitúe a folla de ruta que está a aplicar a Xunta nos vindeiros anos para promover que as persoas con discapacidade poidan gozar dunha vida autónoma e independente.

Para acadar este obxectivo, a estratexia susténtase nunha serie de liñas transversais con vocación de impregnar o conxunto de actuacións que se desenvolven ao seu abeiro e que son a accesibilidade; a participación; a investigación, a innovación e a calidade; e a igualdade de xénero.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

- Te recomendamos -