Inicio Galicia Os 40 anos da Constitución Española, a análise na XXI edición do...

Os 40 anos da Constitución Española, a análise na XXI edición do Curso de Pensamento Carlos Gurméndez

0

Ata o 6 de xullo, destacados especialistas e profesionais da comunicación participan neste curso promovido polo Club de Prensa de Ferrol co apoio da Consellería de Cultura e mais da Universidade e da Deputación da Coruña


O Curso de Pensamento Carlos Gurméndez chega á súa vixésimo primeira edición abordando os 40 anos da Constitución Española, cun ambicioso programa de conferencias que se desenvolve desde hoxe e ata o próximo venres 6 de xullo no campus ferrolán de Esteiro, da Universidade da Coruña. No acto de apertura do curso, esta mañá, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, agradeceulle ao Club de Prensa de Ferrol a oportunidade de “facer unha reflexión pausada, desde os distintos ángulos e puntos de vista, a través de máis dunha decena de conferencias”, sobre a Carta Magna.

O curso está dirixido e coordinado por Alberto Sucasas e Esperanza Piñeiro, respectivamente, que tamén asistiron ao acto de apertura, xunto coa vicerreitora do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña, Araceli Torres; Germán Castro, presidente de honra, e Julia Díaz, presidenta do Club de Prensa de Ferrol.

Leer más:  Rueda insiste en que será "muy reivindicativo" con la financiación: "No renuncio a lo que nos pertenece"

O secretaría xeral de Cultura puxo en valor a colaboración do seu departamento con este curso, “unha iniciativa asentada, cun valor cultural indiscutible pola súa contribución ao pensamento contemporáneo e polo coidado enfoque que a cada temática escollida lle dá o equipo organizador”.

Constitución española, 1978-2018Baixo o título Constitución española, 1978-2018, o curso iniciou esta mañá o programa tras o acto de apertura oficial cunha presentación e proxección do vídeo sobre os 30 anos de existencia da entidade organizadora, o Club de Prensa de Ferrol, así como a inauguración dunha mostra sobre a Constitución de 1978, composta por una selección de viñetas da obra La Consti, de Forges, “porque non hai nada que non se poida ver cun pouco de humor e un moito de sentido común”, segundo destacou Anxo Lorenzo.

A primeira xornada complétase coa intervención do catedrático de historia social e política da UNED Santos Juliá Díaz, coa conferencia Transición. Antes e despois. Pola súa banda, o catedrático de dereito constitucional da USC Roberto Blanco Valdés aborda a Defensa da España constitucional fronte á España acomplexada. Nona Inés Vilariño Salgado, ex deputada das Cortes Xerais, é a encargada de rematar as exposicións do día falando de 40 anos de Constitución: un reto á nosa historia.

Leer más:  En Galicia, la calidad del aire ha mejorado, con la mayoría de estaciones en situación favorable o regular, excepto en las zonas de Vigo

Antonio Madrid, da Universidade de Barcelona; Patxi Lanceros, de Deusto; Manuela del Pilar e Alberto Sucasas, da Universidade da Coruña; José Luís Castro e Xusto Beramendi, catedráticos da USC, participarán tamén no curso ata o próximo día 6 para falar de constitucionalismo e dereitos humanos, pensar a política e o dereito desde o sufrimento ou abordar a sociedade española despois de Franco a través do cinema; así como achegar unha visión do Estatuto de Autonomía de Galicia e de Ferrol a través das diferentes constitucións que o país tivo, entre outras. Chégase así á “multiplicidade de puntos de vista e a sensibilidade dun tema central que se atopa no centro da polémica case desde o momento do seu nacemento”, segundo afirmou Anxo Lorenzo.

O Club de Prensa de Ferrol promove este curso co apoio da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial da Coruña e da Universidade da Coruña.


- Te recomendamos -