Inicio Galicia Educación impulsa un proxecto para coñecer os perfís profesionais do futuro e...

Educación impulsa un proxecto para coñecer os perfís profesionais do futuro e adaptar as titulacións universitarias

0

O conselleiro participou na presentación do proxecto, que ten como obxectivo determinar que profesionais vai precisar Galicia na década 2020/30 e detectar os sectores de tracción do emprego e a economía

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou esta mañá o proxecto de elaboración do proxecto Galicia 2030: perfís profesionais de futuro e novas titulación e especialidades universitarias, co que o departamento que dirixe quere determinar que profesionais e que sectores van ser tracción de economía e emprego na década 2020/30 na nosa Comunidade. O documento, que será elaborado pola Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) por encarga da Consellería, incluirá tanto un catálogo de profesións di futuro como unha proposta de novas titulacións e especialidade para o Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Román Rodríguez fixo fincapé na necesidade de adiantarse, mediante este proxecto prospectivo, ás necesidades do tecido socioeconómico, co fin de acadar o maior grao posible de transferencia de coñecemento entre as universidades e o resto da sociedade, de tal forma que o SUG funcione como motor de desenvolvemento de Galicia. Neste sentido o conselleiro lembrou que esta medida se enmarca no Plan para a excelencia do Sistema Universitario de Galicia, con accións ata 2020, que permitirá dar un novo salto de calidade ás universidades galegas e seguir trazando o camiño de futuro destas institucións académicas cunha folla de ruta clara, consensuadas cos axentes implicados e estable.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo, ademais, poñer en valor o camiño percorrido ata o momento, en base ao diálogo coas propias universidades, que permitiu que hoxe o SUG conte cun financiamento estable –este ano o máis alto da historia en transferencias directas–, sexa pioneiro na estratexia de especialización de campus e conte cun modelo de investigación de vangarda no que se levan investidos máis de 500 millóns de euros.

Acción de futuroO conselleiro sinalou o proxecto de perfís profesionais como unha medida que mira claramente cara ao futuro, analizando as principais tendencias tecnolóxicas, medioambientais, económicas, políticas e sociodemográficas, así como a fortaleza dos sectores económicos e as condicións que poden converter nuns anos a outros en sectores punteiros.

O proxecto desenvolverase en dúas fases. A primeira delas consistirá na elaboración dun Catálogo de profesións de futuro, cunha ficha para a definición de cada perfil profesional. Para iso, identificaranse as macrotendencias globais e os sectores estratéxicos e identificaranse cales son os que teñen maior capacidade na actualidade e no futuro inmediato de tracción da economía e o emprego en Galicia. En base a esa información, identificaranse as ocupacións futuras en cada sector para a definición final do catálogo.

Na segunda fase realizarase unha análise das titulacións universitarias que se están impartindo a nivel internacional e outro da oferta de titulacións e especialidades do SUG. Esta información contrastarase co Catálogo de perfís profesionais para a confección dunha proposta de novas titulacións. Neste sentido cómpre lembrar que, a partir do 2021, no SUG poderanse introducir novos títulos de grao a maiores dos 14 incluídos na mellora do mapa actual. Polo tanto, o obxectivo é ter, antes de 2020, unha proposta de novas titulacións e especialidades:Durante todo o proceso a información contrastarase con expertos en diversas sesións de focus groupXornadaO proxecto presentouse no marco dunha xornada desenvolvida no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura, na que tamén se celebrou unha mesa redonda sobre o emprego universitario do futuro, coa participación de representantes do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), de Televes, de ANFACO-CECOPESCA, da Universidade da Coruña e de ABANCA. Así mesmo, a fundadora e directora xeral do Observatorio de Innovación no Emprego (OIE), Margarita Álvarez Pérez de Zabalza, ofreceu un relatorio sobre a materia.

Na xornada, ademais do conselleiro, tomaron parte o director xeral de FEUGA, Francisco Javier Pereiro Pérez; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; e representantes das tres universidades do SUG.


- Te recomendamos -