Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018.- O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, desprazáronse esta mañá ata o concello de Vila de Cruces para comprobar os danos ocasionados pola treboada da pasada fin de semana.
Os representantes da Xunta tomaron nota dos problemas rexistrados en infraestruturas municipais, pontes e camiños, así como os arrastres e afeccións na zona de reestruturación parcelaria de Duxame-Ínsua-Portodemouros. Unha vez se reciba o informe do concello, que quedou en mandar unha valoración con todas estas incidencias, o Goberno galego estudará medidas de apoio entre os diferentes departamentos e pedirá tamén colaboración á propia Deputación de Pontevedra.
- Te recomendamos -