Inicio Galicia Medio Rural destinou nos dous últimos anos máis de 58.000 euros para...

Medio Rural destinou nos dous últimos anos máis de 58.000 euros para o arranxo de camiños municipais no concello de Pontedeva

0

Ademais, este ano correspóndelle outros 27.570 euros do plan marco de mellora, que para este ano 2018 conta cun orzamento xeral de 16 millóns de euros


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Pontedeva, Juan Carlos González, para analizar a situación actual dos camiños de titularidade municipal, co fin de mellorar as vías de comunicación neste concello ourensán e, de paso, a calidade de vida dos veciños.

En concreto, nos dous últimos anos, a consellería destinou un total de 58.797 euros para o mantemento das vías municipais. Fíxoo a través do Plan marco de camiños ao que poden optar todos os concellos para o arranxo daqueles acceso de competencia municipal. Xa para o presente ano, este concello ten un presuposto asignado de 27.570 euros que poderá executar e xustificar ata o 15 de novembro, grazas á ampliación realizada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco da entrada en vigor da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

O Plan de mellora de camiños de Medio Rural está dotado este ano con 16 millóns de euros que permitirán a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais de toda Galicia. Respecto ao reparto de fondos, a Agader acordou no seu momento coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) os criterios de distribución, cunha base fixa de 15.000 euros por localidade, que pode ir aumentando en base a conceptos como número de habitantes, a superficie, o peso do agro, así como o grao de envellecemento ou despoboamento. 


- Te recomendamos -