Inicio Galicia Conclúen as obras de execución da beirarrúa na PO-331, na estrada de...

Conclúen as obras de execución da beirarrúa na PO-331, na estrada de Zamáns a Fonte do Seixo

0

A intervención realizouse en terreos de dominio público adscritos á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) cun orzamento que ascendeu a máis de 58.000 euros


A Xunta de Galicia vén de finalizar as obras que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) executou na PO-331, na estrada de Zamáns a Fonte do Seixo. Unha intervención na que, segundo informou o delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, investíronse máis de 58.000 euros.

Na visita á zona de actuación, á que acudiu acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas, José Luis Díez, o representante autonómico explicou que o obxectivo desta obra era dar continuidade ao itinerario peonil existente, actuando sobre un tramo de beirarrúa na marxe dereita, entre os p.q. 9+430 e 9+680.

As obras esixiron operacións previas de demolición e escavación ao obxecto de acondicionar os terreos, de dominio público adscritos á AXI. Unha vez rematada a escavación en caixa, que se encheu cos materiais necesarios para preparar o terreo, executouse o pavimento de fibrocemento coloreado.

Asemade, implantouse o conduto da infraestrutura de alumeado en consonancia co tramo de beirarrúa previo.


- Te recomendamos -