A conselleira do Mar, Rosa Quintana, enxalzou hoxe o labor do proxecto de turismo mariñeiro MardeLaxe por potenciar a cadea de valor mar-industria. Fíxoo no acto de entrega da primeira edición do premio MardeLaxe á empresa Vegalsa Eroski, polo seu labor de divulgación e fomento do consumo dos produtos do mar que se comercializan la lonxa de Laxe procedentes da pesca artesanal. Este proxecto foi impulsado pola confraría de pescadores de Laxe co obxecto de dinamizar e promocionar o sector pesqueiro do porto laxés.
Neste sentido, Rosa Quintana felicitou ao galardoado por “apostar polo sector primario, apoiar á lonxa de Laxe, na que se abastece dos produtos do mar que logo comercializa nos supermercados galegos, e por fomentar a marca Lonxa de Laxe, xa que nas súas peixerías fai visible a procedencia do produto mediante unha placa indicativa”.
- Te recomendamos -