A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asistiu esta noite ao 25 aniversario da denominación de orixe Monterrei, onde aproveitou para destacar a calidade dos seus viños grazas ao importante traballo de produtores e adegueiros. “Hoxe non teriades este prestixio se non é polo labor constante que realizades todos vós, conxugando tradición coa aposta na transformación e modernización”, salientou a conselleira.
Acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, a conselleira salientou o éxito da progresión acadada por este selo de calidade, tanto no que atinxe á mellora das instalacións e adegas coma no eido da promoción e recoñecemento dos seus viños.
- Te recomendamos -