Inicio Galicia O Goberno galego pon en marcha a Estratexia de formación da industria...

O Goberno galego pon en marcha a Estratexia de formación da industria forestal para impulsar la especialización de máis de 5.000 profesionais

0

Feijóo salienta que foi deseñada en colaboración cos principais axentes do sector e contará cunha achega de 1,5M€

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a posta en marcha da Estratexia de formación da industria forestal de Galicia 2018-2020 que, cunha achega de 1,5 millóns de euros e deseñada en colaboración dos principais axentes do sector, impulsará especialización de máis de 5.000 profesionais.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo aseverou que esta iniciativa terá como obxectivo responder á necesidade dunha formación a medida, que facilite a adaptación dos traballadores á última tecnoloxía en explotación forestal, nos serradoiros, nas carpinterías, na industria do moble e nas empresas da canle contract.

Con este fin, a nova estratexia contará con tres eixos fundamentais: mellorar a cualificación; impulsar a innovación e sensibilizar á industria e a sociedade do valor engadido da madeira, recollendo prioridades formativas para cada unha das partes da cadea monte-industria.

Ao respecto, explicou que na área da explotación forestal, buscarase afondar na xestión, no mantemento e uso de maquinaria forestal pesada, nas repoboacións, tratamentos silvícolas e na obtención de certificados forestais. E, no elo da primeira transformación da madeira, as prioridades centraranse no serrado, tratamento, secado e tratamentos preventivos e curativos da madeira.

Sobre a segunda transformación da madeira, o titular da Xunta explicou que a formación destinarase á manipulación e mantemento da maquinaria, instalación e mantemento de elementos da carpintaría e no ámbito da ebanistería, ademais de dar resposta ás necesidades derivadas da construción de estruturas de madeira para edificios.

Así mesmo, a estratexia identifica outros retos prioritarios transversais a toda a cadea de valor da industria como: o fomento do deseño; a innovación en materiais e usos; as tecnoloxías e metodoloxías innovadoras, como a industria 4.0, uso de drons ou a análise de datos; formación en seguridade e saúde; valorización da biomasa e xestión de procesos; e normativa sectorial.

Cómpre salientar que a primeira acción incluída nesta estratexia de formación da industria forestal será a convocatoria de axudas para o desenvolvemento de accións de formación e divulgación nas que participarán máis de 630 persoas. 


- Te recomendamos -