Inicio Galicia A Xunta destaca a relevancia da posta en marcha dos plans de...

A Xunta destaca a relevancia da posta en marcha dos plans de igualdade nas empresas galegas

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou hoxe na presentación do Plan de Igualdade da empresa Mutua galega

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe a relevancia da posta en marcha dos Plans de Igualdade nas empresas galegas.

Susana López Abella participou hoxe na presentación do Plan de Igualdade da empresa Mutua galega xunto ao seu director xerente, Javier Flórez explicou que segundo a Lei 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes establécese que as empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes.

Os plans de igualdade contemplan, entre outras, as materias de acceso ao emprego; clasificación profesional; promoción e formación; retribucións; ordenación do tempo de traballo para favorecer, en termos de igualdade entre mulleres e homes, a conciliación laboral, persoal e familiar e, prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo.

López Abella lembrou que o Goberno Galego aprobou o 5 de abril de 2018 o Plan de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021, pioneiro nas administracións autonómicas e que conta con axudas para fomentar a conciliación nas empresas, nas familias e nas administracións. Ademais este luns a Xunta presentou a campaña de prevención e actuación ante o acoso sexual e por razón de sexo no entorno laboral, e indicou que a prevención do acoso sexual se atopa entre as medidas que se inclúen no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. 


- Te recomendamos -