Na comarca de Santiago celebráronse 7 obradoiros nos que a Xunta investiu 1,7 millóns para 130 persoas desempregadas
Un total de 20 alumnos e alumnas formáronse nos últimos nove meses nos ámbitos de operación auxiliares de construcción e carpintería e moble, grazas a un obradoiro de emprego que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 284.000 euros. Ovidio Rodeiro foi o encargado de clausurar este taller de emprego, promovido polos concellos de Boqueixón e Vedra. Ao acto acudiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e os respectivos alcaldes, Manuel Fernández e Carlos Martínez.
O obradoiro contou cunha achega da Xunta de 284.000 euros. Os alumnos comezaron a formación en setembro e concluíron en xuño, tras nove meses de formación teórica e práctica. Na parte práctica, os alumnos realizaron obras na Casa de Cultura de Camporrapado de Boqueixón, no local social de Lestedo en Boqueixón e na Nave Estación de Santa Cruz de Vedra. Ovidio Rodeiro comezou por felicitar aos participantes: “porque tivestes a oportunidade de traballar nove meses meses para mellorar as vosas capacidades profesionais, a vosa empregabilidade, en definitiva, o voso futuro”. Tamén tivo unha mención especial para o tres alcaldes “que por cuarto ano conseguides levar a cabo este proxecto, unha formación de calidade para o emprego que non sería posible sen a colaboración entre as administracións públicas. Todos temos moi claro que ninguén coñece mellor que os concellos as demandas e necesidades dos cidadáns e cidadás”.
ObradoirosA provincia da Coruña conta no curso 2017-2018 cun total de 24 obradoiros de emprego, 16 deles de carácter xeral, onde participan alumnos e alumnas de calquera idade e oito de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas invístense en políticas activas de emprego máis de 5,4 millóns de euros na provincia e participan un total de 440 persoas desempregadas. Os obradoiros xerais, cada un con 20 prazas, teñen lugar en Oza-Cesuras compartido con Coirós; Ribeira compartido con Porto do Son; Abegondo compartido con Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne; Ferrol; A Laracha compartido con Arteixo; Monfero compartido con Aranga, Irixoa e Vilarmaior; Boqueixón compartido con Vedra; Santa Comba compartido con Mazaricos e Dumbría; Betanzos compartido con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne; Padrón compartido con Rois e Dodro; As Pontes; Mugardos compartido con Ares, Fene, Cabanas e Neda; Cambre compartido con Sada; Miño compartido con Paderne e Pontedeume; Touro compartido con O Pino; e Ordes compartido con Frades. Pola súa banda, os obradoiros do Sistema de Garantía Xuvenil, que contan cada un con 15 alumnos-traballadores, realízanse en Carballo; Fene compartido con Ares, Neda, Mugardos e Cabanas; Santiago; Muros compartido con Carnota; Oleiros; A Coruña; e Boiro, ademais do xa mencionado de Ames compartido con Brión.
Obradoiros comarca SantiagoNa comarca de Santiago a Xunta de Galicia contou con sete obradoiros de emprego para persoas desempregadas. (Padrón-Rois-Dodro, Boqueixón-Vedra, Santa Comba-Mazaricos-Dumbría, Ordes-Frades, Touro-O Pino). Ademais, promovéronse dous obradoiros a través do Sistema de Garantía Xuvenil (Ames-Brión e Santiago), con 30 alumnos e cun investimento de 140.000 euros en cada un. En todos os talleres investíronse 1,7 millóns de euros e deron cobertura a un total de 130 alumnos. Os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de polo menos 80.000 novos empregos e a creación ou conversión de 50.000 contratos en indefinidos. Ovidio Rodeiro admitiu que este tipo de actos “supoñen unha especial satisfacción para a Xunta, sempre comprometida na busca de oportunidades para a xuventude”. “Tendes agora a oportunidade de demostrar que soubestes aproveitar esta oportunidade”, sinalou, antes de pedirlles aos 20 alumnos que non se desanimen “na profesión de buscar un emprego”. Rematou agradecendo ao persoal docente “o esforzo por tratar de transmitir, xa non so os coñecementos, como o espírito de loita e emprendemento que vai a levar a estes rapaces a encarrilar o seu futuro profesional”. Obradoiros duaisA partir do mes de setembro iniciarase unha nova edición deste programa. Na convocatoria 2018/2019 activaranse os novos obradoiros duais de emprego cos que a Xunta prevé incrementar as oportunidades laborais de máis de 2.350 persoas desempregadas. A Administración autonómica destinará en total 29,6M€.
O obxectivo é poñer en marcha en global 100 programas, que combinarán un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa. O obxectivo é favorecer a empregabilidade de 2000 desempregados galegos, tendo prioridade os obradoiros vinculados o eido forestal e ao Camiño de Santiago.
Ata o de agora, os obradoiros de emprego ofrecían ás persoas sen traballo cualificación e un contrato de aprendizaxe durante 9 meses. Agora, ademais, a Xunta apoiará a contratación, como mínimo de 3 meses e a xornada completa, nunha empresa, onde os alumnos e alumnas do obradoiro poderán realizar as súas prácticas. A actuación da Consellería de Economía, Emprego e Industria combina, polo tanto, a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade.
- Te recomendamos -