Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello lucense de Quiroga

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello lucense de Quiroga

0

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 31 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Lugo esclareceron un incendio forestal no concello lucense de Quiroga.

Os axentes tomaron declaración como investigado a un veciño do concello como presunto autor dun lume orixinado o pasado 18 de maio na parroquia de San Miguel de Montefurado.

O lume produciuse por mor dunha queima, na que non se adoptaron as medidas de seguridade necesarias, o que resultou no escape da mesma. Arderon 0,15 hectáreas de superficie rasa.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Monforte de Lemos. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 31 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

- Te recomendamos -