Inicio Galicia Os 20 alumnos do obradoiro de emprego de Sada e Cambre formáronse...

Os 20 alumnos do obradoiro de emprego de Sada e Cambre formáronse en xeriatría e atención á discapacidade

0

Na comarca da Coruña, a Xunta organizou 7 obradoiros nos que se investiron 1.652.000 euros


Un total de 20 alumnos e alumnas formáronse nos últimos nove meses na área de atención sociosanitaria a persoas dependentes e institucións sociais que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 280.000 euros. Os alumnos-traballadores recibiron formación tanto teórica como práctica. Aínda que o programa de estudos incluía a correspondente parte teórica, os participantes tiveron oportunidade de adquirir experiencia práctica na institución benéfico social residencia de anciáns Padre Rubinos, no Centro Aspace, na residencia García Hermanos en Betanzos, no centro Pai Menni tamén en Betanzos, no centro Aspronaga e na residencia de maiores e centro de día de Cáritas interparroquial.

Cambre-Sada Proxedis está financiado pola Conselleria de Economía, Emprego e Industria, e o seu equipo docente está composto por unha directora, catro mestras e unha auxiliar administrativa. Ao remate do curso, os alumnos-traballadores recibiron un certificado de capacitación profesional con validez en todo o Estado que lles habilita para empregarse nas especialidades nas que se formaron durante os vindeiros nove meses.

Ovidio Rodeiro foi o encargado de clausurar este taller de emprego, promovido polos concellos de Cambre e Sada. Ao acto acudiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e os respectivos alcaldes, Oscar García Patiño e Oscar Benito Portela. O obradoiro contou cunha achega da Xunta de 280.000 euros en colaboración cos concellos. Os alumnos comezaron a formación o 27 do mes de setembro e concluíron o 26 de xuño, tras nove meses de formación teórica e práctica. Ovidio Rodeiro comezou por felicitar aos participantes: “porque tivestes a oportunidade de traballar nove meses meses para mellorar as vosas capacidades profesionais, a vosa empregabilidade, en definitiva, o voso futuro”. Tamén tivo unha mención especial para os dous alcaldes “por levar a cabo este proxecto, unha formación de calidade para o emprego que non sería posible sen a colaboración entre as administracións públicas. Todos temos moi claro que ninguén coñece mellor que os concellos as demandas e necesidades dos cidadáns e cidadás”. Obradoiros A provincia da Coruña conta no curso 2017-2018 cun total de 24 obradoiros de emprego, 16 deles de carácter xeral, onde participan alumnos e alumnas de calquera idade e oito de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas invístense en políticas activas de emprego máis de 5,4 millóns de euros na provincia e participan un total de 480 persoas desempregadas. Os obradoiros xerais, cada un con 20 prazas, teñen lugar en Oza-Cesuras compartido con Coirós; Ribeira compartido con Porto do Son; Abegondo compartido con Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne; Ferrol; A Laracha compartido con Arteixo; Monfero compartido con Aranga, Irixoa e Vilarmaior; Boqueixón compartido con Vedra; Santa Comba compartido con Mazaricos e Dumbría; Betanzos compartido con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne; Padrón compartido con Rois e Dodro; As Pontes; Mugardos compartido con Ares, Fene, Cabanas e Neda; Cambre compartido con Sada; Miño compartido con Paderne e Pontedeume; Touro compartido con O Pino; e Ordes compartido con Frades. Pola súa banda, os obradoiros do Sistema de Garantía Xuvenil, que contan cada un con 15 alumnos-traballadores, realízanse en Carballo; Fene compartido con Ares, Neda, Mugardos e Cabanas; Santiago; Muros compartido con Carnota; Oleiros; A Coruña; e Boiro, ademais do de Ames compartido con Brión. Obradoiros comarca Coruña Na comarca da Coruña celebráronse este ano 7 talleres, A Coruña, Oza-Cesuras compartido con Coirós; Miño compartido con Paderne e Pontedeume; Oleiros; Cambre con Sada; Abegondo con Carral, Coirós y Paderne e Abegondo con Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne. En total, na área da Coruña investíronse en políticas activas de emprego destinadas aos obradoiros 1.652.000 millóns de euros.

Os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de polo menos 80.000 novos empregos e a creación ou conversión de 50.000 contratos en indefinidos. Ovidio Rodeiro admitiu que este tipo de actos “supoñen unha especial satisfacción para a Xunta, sempre comprometida na busca de oportunidades para a xuventude”. “Tendes agora a oportunidade de demostrar que soubestes aproveitar esta oportunidade”, sinalou, antes de pedirlles aos 20 alumnos que non se desanimen “na profesión de buscar un emprego”. Rematou agradecendo ao persoal docente “o esforzo por trata de transmitir, xa non so os coñecementos, como o espírito de loita e emprendemento que vai a levar a estes rapaces a encarrilar o seu futuro profesional”. Obradoiros duais A partir do mes de setembro iniciarase unha nova edición deste programa. Na convocatoria 2018/2019 activaranse os novos obradoiros duais de emprego cos que a Xunta prevé incrementar as oportunidades laborais de máis de 2.350 persoas desempregadas. A Administración autonómica destinará en total 29,6M€.

O obxectivo é poñer en marcha en global 100 programas, que combinarán un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa. O obxectivo é favorecer a empregabilidade de 2000 desempregados galegos, tendo prioridade os obradoiros vinculados o eido forestal e ao Camiño de Santiago.

Ata o de agora, os obradoiros de emprego ofrecían ás persoas sen traballo cualificación e un contrato de aprendizaxe durante 9 meses. Agora, ademais, a Xunta apoiará a contratación, como mínimo de 3 meses e a xornada completa, nunha empresa, onde os alumnos e alumnas do obradoiro poderán realizar as súas prácticas. A actuación da Consellería de Economía, Emprego e Industria combina, polo tanto, a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade.


- Te recomendamos -