As axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar as infraestruturas dos polígonos beneficiarán a 9 parques empresariais, cun total de 15 actuacións
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de destinar preto de 1.125.000 euros para mellorar 9 parques empresariais de 8 concellos da provincia de Ourense nos que se van van a executar un total de 15 actuacións.
En concreto, os polígonos ourensáns beneficiarios desta orde de axudas son: polígono industrial de San Cristovo de Cea; parque empresarial de Cortegada; parque empresarial de Pereiro de Aguiar; parque empresarial de Vilar de Santos; polígono da Gudiña; área empresarial do Carballiño; polígonos de San Cibrao e Barreiros, ambos os dous emprazados no concello de San Cibrao das Viñas; e parque empresarial de Tamallancos en Vilamarín.
En total aprobáronse 15 proxectos, a maioría deles para mellorar as infraestruturas viarias, as redes de saneamento e a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia.5 actuacións no parque de TamallancosA delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe o parque empresarial de Tamallancos, emprazado no concello de Vilamarín no que se van a executar cinco proxectos destinados á ampliación do sistema de videovixilancia, mellora de accesibilidade nos viais, ampliación da nave de xestión de residuos, instalación dun sistema contra incendios, e ampliación da rede xeral de saneamento. O Goberno galego apoiará con preto de 412.000 euros a realización destas actuacións, asumindo así o 80 por cento do custo da obra a través do programa de apoio aos parques empresariais. Cómpre destacar que Vilamarín é Concello Emprendedor e que na resolución da convocatoria deste ano se priorizaron as administracións locais que se adheriron ao convenio asinado entre a Xunta e a federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para fortalecer a captación de investimento de Galicia.
Díaz Mouteira, que na visita estivo acompañada polo alcalde, Amador Vázquez, e empresarios da zona, indicou que estes investimentos demostran que a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e co apoio ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia.
A delegada territorial lembrou que en 2017 o concello de Vilamarín resultara beneficiario dunha axuda de 194.000 euros para a creación dun viveiro de empresas no parque empresarial de Tamallancos.
Na convocatoria deste ano, grazas á orde de viveiros, na provincia ourensá aprobouse a creación dun proxecto en San Cristovo de Cea cun edificio de dous andares e preto de 500 metros cadrados con tres naves e catro despachos.
- Te recomendamos -