Inicio Galicia Administracións e sector debaten sobre os retos da pesca en augas internacionais...

Administracións e sector debaten sobre os retos da pesca en augas internacionais nunha reunión do proxecto europeo Farfish

0

O encontro, que se prolongará ata mañá mércores, reúne en Cetmar a representantes da DG MARE, de FAO e da Axencia Europea de Control da Pesca, así como aos principais operadores pesqueiros


A pesca internacional e os retos de futuro cara a súa xestión sustentable centran a reunión que, no marco do proxecto europeo FarFish, se celebra na sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo dende hoxe e ata mañá mércores coa participación de autoridades e principais operadores pesqueiros.

Organizado pola Fundación CETMAR, o obxectivo deste seminario de traballo é que administracións e sector identifiquen e establezan de forma conxunta os obxectivos principais para o desenvolvemento dunha xestión pesqueira sustentable no futuro en cada un dos seis casos de estudo que contempla o proxecto FarFish (Cabo Verde, Mauritania, Senegal, Seychelles e augas internacionais do Atlántico sueste e suroeste).

O debate, no que participan representantes da DG Mare da Comisión Europea, da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) ou da Axencia Europea de Control de la Pesca (EFCA), contribuirá ao deseño dunha folla de ruta detallada que axudará a determinar as principais recomendacións cara a xestión das pesqueiras obxectivo, como a pescada, a gamba ou o atún.

O consorcio FarFish confía en que a participación no debate de actores relevantes como EFCA ou FAO aporte unha visión de conxunto sobre a situación actual dos acordos de pesca e os retos da xestión pesqueira en alta mar. A reunión asisten ademais membros da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO), do Consello Consultivo de Pesca en Augas Afastadas (LDAC), da Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Marín e da Organización de Produtores de Atún Conxelado (OPAGAC).

Financiado polo programa europeo Horizonte 2020, o proxecto FarFish traballa dende fai un ano para a mellora do coñecemento e a xestión da pesca en augas non europeas, contribuíndo a incrementar a sustentabilidade e a rendibilidade dos pescadores europeos.

Entre os obxectivos específicos de FarFish atópase a mellora na recompilación de datos relativos ás características biolóxicas dos principais stocks pesqueiros, a análise da cadea de valor das pesqueiras, o desenvolvemento de plans de xestión flexibles e dinámicos para usar en estreita colaboración cos membros del consorcio e o el establecemento dunha folla de ruta consensuada que aplique os resultados do proxecto en base a criterios de sustentabilidade.

Liderado por MATIS, en FarFish participan, ademais da Fundación CETMAR, ANFACO – CECOPESCA, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Centre de Recherches Océanographiques de Dakar-Thiaroye (CRODT), Instituto Nacional de Desenvolvemento das Pescas de Cabo Verde (INDP), Instituto Tecnológico Pesquero y Alimentario (AZTI- TECNALIA), Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto y Ría de Marín (OPROMAR), Centro de Ciências do Mar (CCMAR), The Norwegian Institute of Food, Fisheries and Aquaculture Research (Nofima), Syntesa Ltd. (SME), Shuttle Thread Limited (STL), University of Portsmouth (UP), The Arctic University of Norway (UiT) e Institute of Marine Research (IMR). 


- Te recomendamos -