Inicio Galicia A Xunta de Galicia aborda a situación dos principais servizos sociais que...

A Xunta de Galicia aborda a situación dos principais servizos sociais que presta no concello coruñés de Aranga

0

O departamento autonómico incrementou desde 2015 nun 55,48% as horas do Servizo de Axuda no Fogar


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou hoxe coa rolda de encontros con alcaldes e alcaldesas de Galicia para afondar nas liñas de colaboración entre administracións cunha xuntanza co primeiro edil do concello de Aranga, Alberto Platas Álvarez. A entrevista, que tivo lugar en San Caetano, serviu para abordar a situación dos servizos e programas sociais que se desenvolven nesta vila da provincia da Coruña.

No eido das persoas maiores, desde o ano 2015 a Consellería de Política Social incrementou nun 55,48% as horas do Servizo de Axuda no Fogar. Deste xeito, na actualidade ofértanse un total de 18.696 horas ao ano.

Rey Varela e Platas Álvarez abordaron a posibilidade de ampliar a colaboración das dúas administracións coa finalidade de mellorar os recursos asistenciais que se ofertan para os veciños e veciñas de Aranga. 


- Te recomendamos -