Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 176 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 176 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, desde a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 18 e o 24 de xuño un total de 176 inspeccións de control en 21 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 36 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de A Coruña, Boiro, Ferrol, Muros, Negreira, Santiago de Compostela, Lugo, Cartelle, Celanova, A Merca, Ourense, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Nigrán, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 83 persoas e inspeccionadas 176 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 21 actas de infracción: 14 por consumo de alcol, 3 por consumo de tabaco e alcol, 2 por venda de tabaco, e outras 2 por venda de alcol.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.


- Te recomendamos -