Inicio Galicia Miranda traslada aos galegos do Reino Unido o respaldo e a cercanía...

Miranda traslada aos galegos do Reino Unido o respaldo e a cercanía da comunidade galega ante a incerteza xerada polo brexit

0

O secretario xeral da Emigración participou na tradicional romaría organizada polo Centro Galego da capital británica, que congrega cada ano arredor de dous milleiros de asistentes

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou esta mañá o apoio unánime tanto da Administración como de toda a sociedade aos galegos residentes no Reino Unido. Fíxoo durante a celebración do Día de Galicia en Londres, un evento que cada ano reúne preto de dous milleiros de galegos nunha romaría que enxalza o sentimento de solidariedade que caracterizou historicamente aos emigrantes galegos, que hoxe segue tan vixente coma no pasado.“O incerto futuro económico ao que aboca o brexit a todos os cidadáns europeos residentes nos países que integran o Reino Unido atopa unha alternativa na vosa terra, Galicia, onde contades, non só co respaldo que vos outorga a vosa condición de galegos, senón tamén cunha batería de medidas deseñadas especificamente para aqueles que se plantexan regresar á comunidade. A Estratexia Retorna 2020 pretende ser unha alternativa á desconfianza que xera a conxuntura actual e a un desexo de retorno a Galicia, no que sempre tedes o voso lugar”, asegurou Miranda.

Leer más:  Feijóo se siente tranquilo ante la comisión de investigación gallega sobre varios contratos de la Xunta

O responsable do departamento autonómico aplaudiu a unidade da colectividade galega en Londres, que mantén a tradición desde hai anos de reunirse nas instalacións do instituto Vicente Cañada Blanch da capital británica para celebrar as datas máis sinaladas da cultura e a identidade galegas. O centro escolar ten implantado o galego como materia optativa na ESO e Bacharelato, o que contribúe a que a lingua de Rosalía sexa a cuarta máis estudada.

O país cunha maior tendencia de retornoO Reino Unido é, de feito, o segundo Estado de Europa do que máis galegos retornan por detrás unicamente de Suíza, que encabeza a listaxe. O formado por Gran Bretaña e Irlanda do Norte é, ademais, o país desde o que máis se incrementou o regreso de galegos á súa comunidade de orixe nos últimos catro anos. O número de galegos que regresaron desde o país anglosaxón aumentou un 44 % desde 2013, e é, así mesmo, o que experimenta unha maior tendencia á alza. Só en 2016, último ano do que se teñen cifras oficiais de retorno, desde o Reino Unido regresaron 262 galegos.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

A 1 de xaneiro de 2018 a cifra total de galegos residentes neste país europeo é de 14.369, o que o convirte no cuarto país do continente con maior presenza de galegos, superado por Suíza, Francia e Alemaña. 


- Te recomendamos -