Inicio Galicia A Xunta amosa ás pemes as posibilidades que achega á Industria 4.0...

A Xunta amosa ás pemes as posibilidades que achega á Industria 4.0 para mellorar a organización e impulsar a súa competitividade

0

O próximo martes, 26 de xuño, celebrarase na sede do Igape en Santiago de Compostela unha xornada do programa ReAcciona con relatorios sobre as tecnoloxías habilitadoras da Industria 4.0 O programa ten como obxectivo prioritario potenciar as competencias e habilidades do capital humano das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, informará ás empresas galegas sobre as oportunidades e posibilidades vinculadas á Industria 4.0 no marco dunha xornada específica do programa ReAcciona que fará especial fincapé nas melloras da organización empresarial asociadas a chamada nova industria.

No marco deste encontro técnico, que se desenvolverá o próximo martes, día 26 de xuño, a partir das 9,30 horas, na sala de cursos do Igape, en Santiago de Compostela, haberá relatorios sobre a Industria 4.0 e as súas tecnoloxías habilitadoras, sobre o programa reAcciona e sobre a aplicación de ferramentas que impulsan a eficiencia na cadea de produción (lean manufacturing).

O programa ReAcciona está deseñado para impulsar accións de mellora en áreas concretas de xestión, de planificación ou de incorporación de solucións propias da Industria 4.0 polas pemes galegas, poñendo á súa disposición, co apoio de expertos, o coñecemento, os métodos e ferramentas necesarias para que poidan reinventarse de forma continuada.

O obxectivo fundamental do programa cofinanciado ao 80% con fondos Feder é, polo tanto, apoiar ás pequenas e medianas empresas galegas na profesionalización dos seus equipos directivos e de xestión, para procurar que as melloras teñan carácter permanente e para que saiban fortalecerse como paso previo ao seu crecemento ou internacionalización.

Mediante esta iniciativa, as empresas poden escoller o seu itinerario personalizado de mellora segundo as súas necesidades e potencialidades, apoiándose nun ou varios servizos que van desde un diagnóstico inicial, tanto xenérico como no escenario da Industria 4.0, ata a execución dos diversos plans operativos por función, pasando, se é preciso, por unha análise estratéxica detallada para marcar o rumbo futuro da empresa. 


- Te recomendamos -