Inicio Galicia A Xunta agradece o labor que leva a cabo a asociación Xoan...

A Xunta agradece o labor que leva a cabo a asociación Xoan XXIII na inclusión e apoio ás persoas con discapacidade

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís asistiu ao acto da conmemoración do L aniversario da Asociación

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda agradeceu a labor que leva a cabo a Asociación Xoán XXIII na inclusión das persoas con discapacidade dende fai 50 anos, no marco do acto do aniversario da Asociación pontevedresa.

Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís asistiu ao acto da conmemoración do 50 aniversario da Asociación que leva a cabo dunha maneira completamente altruísta tarefas relacionadas coa formación e promoción de persoas con discapacidade intelectual.

Neste sentido, cabe destacar que tanto o Goberno galego como a Asociación teñen obxectivos comúns que radican principalmente en acadar un maior benestar e calidade de vida para toda a cidadanía, e sobre todo para os que teñen limitada a súa autonomía persoal, polo que dende a Xunta se traballa abordando a discapacidade dende a perspectiva da igualdade, da non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva.


- Te recomendamos -