Inicio Galicia Ovidio Rodeiro participou na reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de...

Ovidio Rodeiro participou na reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais

0

No encontro analizouse a situación das Parroquias de Alta Actividade Incendiaria e as áreas de cobertura dos distintos corpos de vixilancia e seguridade


O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polos xefes territoriais da Consellería do Medio Rural, Mónica López e o Xefe de Servizo de Prevención e Defensa de Incendios, Guillermo Acebal, participaron esta mañá na reunión da Comisión Provincial de Coordinación Provincial Policial de Loita contra os Incendios Forestais para traballar na campaña de este ano. Neste acto presentouse a nova Xefa Territorial de Medio Rural, Mónica López.

Na xuntanza participaron responsables da Policía Autonómica, da Garda Civil e do Exército. Ademais, estiveron presentes representantes da Subdelegación do Goberno e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural.

O obxectivo desta reunión foi analizar a situación das PAAI, Parroquias de Alta Actividade Incendiaria, caracterizadas polo número de incendios forestais reiterados (parroquias que tiveron unha media anual de 7 incendios ou máis nos últimos 5 anos) ou pola virulencia dos seus incendios forestais declarados. Concretamente, na provincia de A Coruña existen na actualidade 9 PAAI en 7 concellos: Carballo, Visma na Coruña, Santa Baia en Boiro, Tállara en Lousame, Ribeira, Palmeira e Carreira, Ribasieira en Porto do Son e A Ameixenda en Cee. Ademais, analizáronse as situacións de incendios vividas en anos anteriores para mellorar a prevención e a coordinación.

Tamén se analizou o resultado das reunións que se foron realizando nas últimas semanas na provincia en relación con estas parroquias nas que participaron tanto os alcaldes dos municipios, que contan con estas áreas, como as comunidades de monte afectadas, os corpos e forzas de seguridade do Estado así como outros colectivos como cazadores.

Ademais, definíronse as zonas de cobertura de cada corpo de cara a temporada alta de incendios, marcándose as responsabilidades da Garda Civil, de Policía Autonómica e da Nacional, así como a distribución das patrullas terrestres do Ministerio de Defensa.

No encontro abordouse o importante esforzo que se está facendo para garantir o control das franxas de seguridade próximas aos núcleos de vivendas, así como o control e vixilancia do arborado próximo a vivendas e vías principais.


- Te recomendamos -