Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia do gas natural para o desenvolvemento do...

A Xunta destaca a importancia do gas natural para o desenvolvemento do mix enerxético

0

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, asistiu esta tarde en Ferrol á xornada técnica ‘GNL: Combustible alternativo para o transporte marítimo’

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, participou esta tarde en Ferrol na xornada técnica GNL: Combustible alternativo para o transporte marítimo, onde destacou a importancia do gas natural no mix enerxético e no desenvolvemento da economía verde. Ademais, ratificou a aposta do Goberno galego por aproveitar as súas posibilidades co apoio á posta en marcha do HUB de GNL marítimo na comarca Ferrolterra.

Na súa intervención, o director xeral explicou que un mix enerxético limpo, económico e equilibrado é parte da solución para conseguir unha mellora medioambiental e unha redución das emisións contaminantes. Neste sentido, incidiu no papel clave do gas natural para conseguir unha economía baixa en carbono.

Por este motivo, segundo o director xeral, o gas natural é un combustible idóneo tanto para o transporte marítimo como para o transporte pesado de mercadorías. Impulsar o seu uso en ambos os dous tipos de transporte está recollido nas Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020, a ferramenta de planificación da Xunta que prevé a mobilización de máis de 3000 millóns de euros no sector enerxético. Esta folla de ruta pretende optimizar o potencial enerxético galego, aumentando a produción a partir de fontes renovables, incidindo na eficiencia enerxética e apostando pola redución de emisións, pero tamén favorecendo a introdución do gas natural como combustible no transporte pesado terrestre e marítimo.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

Así, a Xunta colabora no proxecto para o deseño e construción das infraestruturas necesarias para o HUB de GNL de Ferrolterra e tamén fomenta a mobilidade sustentable con combustibles alternativos, introducindo o gas natural no transporte terrestre.

Tahoces finalizou agradecendo a organización desta xornada e lembrando a oportunidade que España ten para posicionarse neste sector xa que dispón do 42% da capacidade europea de almacenamento de GNL e un dos niveis máis altos de seguridade na subministración. 


- Te recomendamos -