Inicio Galicia Marta Míguez reivindica que ?todas as persoas que cren na igualdade deben...

Marta Míguez reivindica que ?todas as persoas que cren na igualdade deben axudar na transformación desta sociedade androcentrista? na sexta Gala do Deporte Feminino de Mudega

0

Apunta que nesta tempada 2018-2019 “o número de licenzas femininas xa chega practicamente ao 24% cando hai só un ano era do 20%”

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou no serán de hoxe na sexta Gala do Deporte Feminino Galego da Asociación de Mulleres Deportivas Galegas que tivo lugar no museo Verbum de Vigo. Alí a titular do Deporte galego gabou o traballo desta asociación e reivindicou que “todas as persoas que cren na igualdade deben axudar na transformación desta sociedade androcentrista”. “O deporte danos neste eido unha lección de igualdade construíndo unha sociedade máis xusta e equitativa”, engadiu.

No seu relatorio, Marta Míguez destacou como a poboación valora de igual xeito os éxitos deportivos femininos que os masculinos e deu conta das 34 medallas gañadas pola delegación española nos dous últimos Xogos Olímpicos que se saldaron cunha maioría de metais femininos (20). Do mesmo xeito valorou o traballo de institucións e administracións públicas para “mellorar a situación das mulleres no deporte” e apuntou medidas como os incentivos ao número de licenzas femininas e a porcentaxe de mulleres presentes nas xuntas directivas, a garantía do dereito de igualdade salarial, as novas vantaxes incluídas no borrador do Decreto de deportistas de alto nivel ou o desenvolvemento da Comisión Galega de Control da Violencia. Nas súas verbas, Marta Míguez tamén apuntou como nesta tempada 2018-2019 “o número de licenzas femininas xa chega practicamente ao 24% cando hai só un ano era do 20%”.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

A secretaria xeral para o Deporte tamén destacou a coincidencia nos criterios da Xunta de Galicia e doutras asociacións como MUDEGA xa que dos 14 premios entregados hoxe, tres deles coinciden cos premios entregados pola Secretaría Xeral para o Deporte na Gala do Deporte Galego 2017. María Pérez Araújo, Susana Rodríguez Gacio e o Atlético Guardés foron premiadas en ambas as dúas cerimonias.  


- Te recomendamos -