Inicio Galicia Educación iniciará na primeira quincena de xullo as obras de rehabilitación enerxética...

Educación iniciará na primeira quincena de xullo as obras de rehabilitación enerxética do CEP Lois Tobío de Viveiro, adxudicadas en 345.000 euros

0

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou ao equipo directivo do centro as previsións de desenvolvemento dos traballos, que se executarán durante o verán 


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación dará comezo na primeira quincena de xullo ás obras de rehabilitación enerxética do Colexio de Educación Primaria (CEP) Lois Tobío de Viveiro, adxudicadas por un importe de 344.720 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe no centro un encontro co director, Manuel Rodríguez, e outros representantes do equipo directivo para explicarlles as previsións de desenvolvemento dos traballos, que se realizarán principalmente durante o verán para non interferir no desenvolvemento das clases. Tamén participaron a subdirectora de construcións e equipamentos da Consellería, María Jesús López; a xefa territorial da Consellería en Lugo, Mariña Gueimunde, e responsables do proxecto e da empresa adxudicataria (Ángel Jove SA), entre outros.

A actuación, que ten un prazo máximo de execución de dous meses e medio, suporá unha reforma integral (enerxética e funcional) do centro, para dotalo de maior confortabilidade para os usuarios e acadar un aforro nos custes de mantemento derivado dun menor consumo de luz e calefacción. A intervención, cofinanciada con fondos FEDER, afectará ás fachadas, carpinterías, luminarias e outros elementos das instalacións. Deste xeito acometerase o illamento da fachada exterior, a substitución de ventás das aulas por carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, e a substitución de luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética. Todas estas medidas combinadas suporán un aforro enerxético anual do 35,35%. Tamén se acometerá a reparación e pintado de paramentos interiores.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

Balseiro explicou que este é o primeiro centro da Mariña no que se acomete un proxecto de reforma integral dentro do plan de mellora da eficiencia enerxética que a Consellería puxo en marcha en 2016. Na provincia reformáronse con anterioridade outros catro centros, en Cospeito, Guitiriz, Lugo e Baralla, e nos vindeiros meses actuarase noutro de Castro de Rei.


- Te recomendamos -