A Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación dunha vivenda cedida por SAREB
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018.- A Xunta de Galicia adxudicará unha vivenda no Concello do Porriño a unha familia, con menores, en risco de exclusión social unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación.
A vivenda que se entregará unha vez asinado o contrato de alugueiro foi cedida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo por SAREB para ser destinada a alugueiro social e atópase emprazada neste concello pontevedrés.
Desde o ano 2015 a Xunta realoxou a 190 familias en situación de extrema necesidade en vivendas propiedade da Administración autonómica ou cedidas por Abanca, Sareb, Banco Sabadell e CaixaBank. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas polo Goberno galego.
- Te recomendamos -