Inicio Galicia Díaz Mouteira súmase á inauguración dunha exposición na rúa dedicada ao centenario...

Díaz Mouteira súmase á inauguración dunha exposición na rúa dedicada ao centenario da Ponte Nova de Ourense

0


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu á inauguración da exposición Cen anos da Ponte Nova coincidindo coa efeméride do centenario da construción desta infraestrutura da cidade das Burgas. Esta mostra, organizada polo Concello de Ourense e o Colexio de Enxeñeiros de camiños, canais e portos de Galicia, consta de 7 paneis que recollen a historia desta ponte que coa súa entrada en funcionamento mellorou as comunicacións dentro da cidade ourensá.

A rúa do Paseo da cidade acollerá durante un mes, ata o día 19 de xullo, esta exposición que se enmarca no programa de actividades que se están a desenvolver para celebrar os 100 anos de existencia da Ponte Nova de Ourense.  


- Te recomendamos -