Este ano analizaranse un total de 392 mostras fronte ás 368 do ano pasado, aumentando o número de viños que se presentan este ano ao certame
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, achegouse esta mañá ata o Centro Integrado de Formación Profesional Lamas de Abade, en Santiago, onde se están a desenvolver as Catas Oficiais dos Viños, Augardentes e Licores de Galicia 2018. Alí destacou a importancia que ten este tipo de certame para promocionar a calidade das nosas producións e sinalou que cada ano son máis os interesados en participar, chegando este ano ás 392 mostras fronte as 368 da pasada edición.Ángeles Vázquez subliñou a calidade e o prestixio dos viños galegos que fan da nosa comunidade un referente dentro do sector vitivinícola español e internacional. Así, engadiu, este eido convértese nun dos puntos fortes da economía galega e valorou que nesta última campaña 2016-2017 as cinco denominacións de orixe (DO) vitivinícolas de Galicia (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras) comercializaran 428.094 hectolitros, un 7,5% máis de viño cualificado que na anterior de 2015-2016.
Aproveitando o seu paso polo certame, a titular de Medio Rural agradeceulle aos 25 expertos en análise sensorial a súa participación voluntaria nesta cata, pois trátase do certame de viños máis importante dos que se celebran en Galicia e que, ademais, conta coa categoría de concurso oficialmente recoñecido en España. Este ano celébrase á XXX edición da Cata dos Viños de Galicia, a XX Cata dos Augardentes e VII Cata dos Licores de herbas e licor café de GaliciaParticipantesEn total participan 350 viños de 169 adegas pertencentes ás D.
O. Valdeorras (16 adegas), Ribeiro (42), Rías Baixas (54), Monterrei (16), Ribeira Sacra (31), I.
X.
P. “Viños da Terra” (6) e adegas inscritas no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) (4). Por outra banda, participan 42 mostras de 18 empresas inscritas no Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
Entre todas estas mostras elixiranse os mellores branco e tinto de Galicia e os acios de ouro, prata e bronce en cada unha das cinco denominacións de orixe de viño (Rías Baixas, Monterrei, Valdeorras, Ribeiro e Ribeira Sacra). Tamén haberá galardón para os viños de colleitas anteriores, de madeira, escumosos e ecolóxicos. No caso das bebidas espirituosas, está a elección dos potes de ouro, prata e bronce das augardentes, licor café e licor de herbas.
- Te recomendamos -