Inicio Galicia A Xunta entregou os diplomas aos 15 mozos formados no obradoiro de...

A Xunta entregou os diplomas aos 15 mozos formados no obradoiro de emprego que compartiron Pantón, O Saviñao e Sober

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu 140.000 euros nesta iniciativa


A Consellería de Economía, Emprego e Industria entregou hoxe os diplomas aos quince mozos e mozas que se formaron no obradoiro de emprego Baliño, que compartiron os concellos de Pantón, O Saviñao e Sober.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou no acto de clausura desta actividade, na que a Xunta investiu preto de 140.200 euros e que serviu para ofrecer aos participantes formación teórica e práctica nas especialidades de Fábricas de albanelaría (8 alumnos) e Montaxe e instalación de construcións de madeira (7 alumnos). No proxecto traballaron tamén dous monitores, un director e un administrador.

Balseiro destacou que este é un dos catro obradoiros Yei que se desenvolveron nos últimos meses na provincia de Lugo, especificamente dirixidos a menores de 30 anos, e explicou que os participantes reciben un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

Os obradoiros son programas mixtos de formación e emprego, que por un lado favorecen a adquisición de experiencia laboral a través dun contrato de traballo e por outro desenvolven obras ou servizos de interese xeral e social.

Leer más:  En Galicia, la calidad del aire ha mejorado, con la mayoría de estaciones en situación favorable o regular, excepto en las zonas de Vigo

No caso deste proxecto, os participantes realizaron obras na pista deportiva do Baliño e a casa de campo da feira de Pantón. En Sober actuaron en edificios anexos ao Concello e colocaron marquesiñas, mentres que no Saviñao melloraron a biblioteca pública, o campo da Lama de Sampil e diverso mobiliario urbano e outros edificios públicos.

Nova convocatoriaAta o vindeiro 25 de xuño está aberto o prazo para presentar as solicitudes ao abeiro da nova convocatoria de axudas dos obradoiros duais de emprego e dos específicos para menores de 30 anos, dous programas que se porán en marcha no mes de setembro e cos que a Xunta prevé incrementar as oportunidades laborais de máis de 2.350 persoas desempregadas en Galicia.

Poden optar a estas axudas, ao igual que outros anos, as administracións locais (con prioridade os Concellos Emprendedores), asociacións de entidades locais e mancomunidades e, no caso dos duais, tamén, como novidade este ano, as entidades sen ánimo de lucro do ámbito forestal constituídas e rexistradas como asociacións.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

Os obradoiros duais combinarán un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa. Darase prioridade aos obradoiros forestais e aos vinculados ao Camiño de Santiago.

Pola súa banda, os obradoiros de emprego dirixidos especificamente á mocidade tamén ampliarán a duración de seis a nove meses.


- Te recomendamos -