Inicio Galicia A Xunta inicia hoxe o horario de verán para os seus traballadores,...

A Xunta inicia hoxe o horario de verán para os seus traballadores, que terá continuidade ata o 15 de setembro

0

A Xunta de Galicia inicia hoxe o horario de verán para os seus traballadores que terá continuidade ata o próximo 15 de setembro. Esta medida tómase cada ano co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos empregados públicos que non estean acollidos á redución de xornada.

Entre as dúas datas referidas -ambas inclusive- os traballadores da Administración Xeral da Xunta deberán realizar seis horas diarias continuadas de traballo entre as oito de mañá e as tres da tarde, fronte ás sete horas e media que establece o horario oficial. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.

Este horario de verán beneficia tanto aos empregados públicos acollidos ao réxime de flexibilidade automática como aos que teñen autorizada a flexibilidade por conciliación, sendo necesario o cumprimento da xornada laboral en cómputo diario, agás no caso da conciliación onde o cumprimento será en cómputo mensual.


- Te recomendamos -