Inicio Galicia A Xunta financia con máis de 45.000 euros a rehabilitación dunha vivenda...

A Xunta financia con máis de 45.000 euros a rehabilitación dunha vivenda de mestres en Sober

0

Na convocatoria de 2018 xa se concederon axudas a seis concellos por importe de máis de 650.000 euros

A Xunta de Galicia financiará con máis de 45.000 euros a rehabilitación dunha antiga vivenda no concello lucense de Sober, no marco da convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas de mestres, outros oficios e outras vivendas de titularidade municipal.

A convocatoria para 2018 das axudas foi realizada no pasado mes de decembro cunha dotación orzamentaria de 948.332 euros, o que supuxo un incremento de máis do 80 por cento respecto das axudas concedidas na convocatoria de 2017, na que se concederon o 100% das axudas solicitadas.

Ao abeiro da convocatoria actual xa foron concedidas axudas a sete concellos por un importe total de máis de 650.000 euros e están en tramitación as solicitudes doutros concellosOs concellos beneficiarios das axudas, ademais de Sober, son Tordoia (1 vivenda), Ordes (1 vivenda), Bande (3 vivendas), Vilardevós (6 vivendas), Mos (1 vivenda) e Oia (2).

Poden beneficiarse destas axudas de rehabilitación os concellos de menos de 20.000 habitantes nos que existan demandantes de vivenda inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia e cumpran os requisitos establecidos.

As vivendas resultantes da rehabilitación deberán ser destinadas polos concellos ao alugueiro por parte de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples, que destinarán a vivenda a residencia habitual e permanente.

Os destinatarios das vivendas deberán estar inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda.


- Te recomendamos -