Inicio Galicia Ovidio Rodeiro destaca que as liñas de axuda de turismo aos concellos...

Ovidio Rodeiro destaca que as liñas de axuda de turismo aos concellos deixarán este ano na comarca do Barbanza 315.000 ?

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña informou destas axudas que reciben os concellos para mellorar a calidade da súa oferta turística e para promocionar as súas festas

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixo balance da liña de axudas que este ano abriu a Turismo de Galicia, que dirixe Nava Castro. Concretamente, na comarca do Barbanza percibirán 315.101 euros para acometer obras de mellora de accesibilidade, sinalización ou acondicionamento das súas infraestruturas turísticas e para as súas festas.

A esta cantidade hai que sumarlle o que aportan os propios concellos, o que suporá que na comarca se investirán 546.000 ao abeiro destas axudas. Estas partidas inclúense dentro dunha convocatoria para toda Galicia na que Turismo de Galicia investirá na nosa provincia más dun millón de euros.

Tal e como explicou Ovidio Rodeiro, para afondar na colaboración coa administración local, Turismo de Galicia ampliou este ano os fondos dirixidos aos concellos. A liña para melloras nas infraestruturas incrementouse en 2018 un millón de euros, ata os 2,5 millóns. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, agora pasan a ser fondos propios.

O apoio aos concellos centrouse en 12 proxectos entre os máis importantes destacan a mellora da accesibilidade dende Portoalto ata o Faro de Corrubedo, a sinalización interpretativa dos recursos turísticos da ría Muros-Noia, o proxecto de sinalización e mellora da accesibilidade aos recursos turísticos da Pobra do Caramiñal ou a mellora da infraestrutura turística dende a nova ponte do río Coroño ate a Ponte Goiáns, entre outros.

Máis de 200 entidades locais de toda Galicia beneficiáronse os dous últimos anos destas axudas. Este ano, ampliáronse os conceptos subvencionables, pois ademais de sinalización e accesibilidade dos recursos, incluíronse actuacións de embelecemento dos accesos, das contornas, dos Bens de Interese Cultural (BIC), xa declarados ou en proceso de selo e iniciativas de posta en valor turístico.

Nas convocatorias de Turismo de Galicia se inclúen tamén as subvencións aos concellos para o apoio, promoción e difusión para as festas declaradas de interese turístico de Galicia, que este ano 2018, conta cun crédito orzamentario de 306.000 euros para toda Galicia. Na área do Barbanza recibirán unha axuda de 3.000 euros a través de Turismo de Galicia a Festa de San Ramón de Bealo, o Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, as Festas de Xesús de Nazareno e das Mortallas en Pobra do Caramiñal, as Festas de Guadalupe de Rianxo e a Festa da Dorna en Ribeira. BARBANZA


- Te recomendamos -