O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente da Casa de Galicia en Valladolid, Antonio Barbosa, co que mantivo un breve encontro durante a viaxe que realiza a entidade galega na capital castelá todos os anos, de sei días de duración. A excursión, á que asistiu medio centro de socios do centro, centrou este ano o seu percorrido na provincia da Coruña. San Andrés de Teixido, A Coruña, Cee, Fisterra, Corcubión e a comarca do Barbanza son algúns dos lugares que visitaron os integrantes do grupo. A Casa de Galicia en Valladolid conta con máis de sesenta anos de antigüidade e preto de 300 familias asociadas.
- Te recomendamos -