Inicio Galicia Feijóo apela ao traballo conxunto entre administracións e axentes sociais para seguir...

Feijóo apela ao traballo conxunto entre administracións e axentes sociais para seguir construíndo unha Galicia para todos desde a visibilidade, a accesibilidade e a acción positiva

0

Asevera que a Xunta está a destinar neste 2018 máis de 100 millóns á atención das persoas con discapacidade, o que permite, por exemplo, seguir incrementando a partida destinada aos convenios coas federacións de discapacidade

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe ao traballo conxunto entre administracións e axentes sociais para seguir construíndo unha Galicia para todos apostando pola visibilidade, a accesibilidade e a acción positiva.

Durante a inauguración da exposición Capacitarte: unha mostra a prol dunha Galicia inclusiva e igualitaria organizada pola FAXPG, Feijóo aseverou que con este obxectivo a Xunta está a destinar neste 2018 máis de 100 millóns de euros á atención das persoas con discapacidade, o que permite, por exemplo, seguir incrementando a partida destinada aos convenios coas federacións de discapacidade; crear novas prazas de atención á discapacidade; incrementar, como xa se fixo, un 60% a orde de axudas a entidades de ámbito municipal para dotar os seus equipamentos de melloras en accesibilidade e á supresión de barreiras arquitectónicas; e ampliar os servizos da Rede Galega de Atención Temperá.“Sen vós non é posible acordar, deseñar proxectos, contidos nin programas”, dixo, en relación á FAXPG, lembrando que esa colaboración permitiu avanzar en moitos eidos, como o desenvolvemento do servizo de atención psicolóxica e logopédica para familias e menores xordos implantados ou con prótese auditiva; ou a posta en marcha de dous programas formativos dos que se beneficiaron xa máis de 60 persoas.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

Así mesmo, recordou que Galicia conta con dous representantes no grupo de traballo para o desenvolvemento da lei estatal de lingua de signos e medios de apoio á comunicación oral; e o convenio co CERMI, que o pasado ano subiu un 5% máis.

No Día Nacional das Linguaxes de Signos Españolas, Feijóo quixo destacar o traballo desta exposición para, a través das imaxes, dar a coñecer as distintas realidades e, sobre todo, mostrar o que está por facer. E concluíu resaltando o labor da Federación de Asociacións de Xordos de Galicia que, tras case corenta anos de traxectoria, se converteu na voz das asociacións que hai nas sete cidades galegas.


- Te recomendamos -