Inicio Galicia A Delegación da Xunta en Vigo acolle unha xornada informativa sobre o...

A Delegación da Xunta en Vigo acolle unha xornada informativa sobre o cancro de próstata organizada pola Gepac

0


A Delegación da Xunta en Vigo acolleu hoxe unha xornada informativa, organizada polo Grupo Español de Pacientes con Cancro (Gepac) en colaboración coa Asociación Provincial de Pensionistas. Baixo o lema de “A historia xamais contada”, médicos especialistas como Miguel Rojas Cásares, psicooncólogo de Gepac, e a doutora María Elena López Díez, especialista na área de Uroloxía, centraron as súas disertacións nos hábitos de vida saudables e os signos e síntomas desta doenza. O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, deulles a benvida e aproveitou a ocasión para subliñar a importancia da medicina preventiva e destacar os programas de detección precoz activados desde o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Segundo dixo, neste ámbito España é un referente a nivel mundial.  

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

- Te recomendamos -