Inicio Galicia A Xunta reúnese co Consello de Seguridade Nuclear para seguir coordinando inspeccións...

A Xunta reúnese co Consello de Seguridade Nuclear para seguir coordinando inspeccións e controis no ámbito autonómico

0


Madrid, 12 de xuño de 2018.- O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participou hoxe en Madrid na reunión da comisión mixta entre o Consello de Seguridade Nuclear (CSN) e a Administración autonómica. O obxectivo deste encontro é avaliar a encomenda de xestión que o CSN atribúe ao Goberno galego para que exerza no seu ámbito territorial controis e inspeccións neste ámbito.

Durante o encontro, os responsables de ambas institucións realizaron un balance da execución da planificación do pasado ano, durante o que se cumpriron todos os obxectivos fixados en canto a inspeccións e controis. Ademais, abordaron tamén a folla de ruta para este 2018 e amosaron a súa satisfacción polos resultados acadados ata o momento.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

- Te recomendamos -