Inicio Galicia Ovidio Rodeiro destaca que as liñas de axuda de Turismo aos concellos...

Ovidio Rodeiro destaca que as liñas de axuda de Turismo aos concellos deixarán este ano na comarca de Carballo-Costa da Morte 239.000 euros

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña informou destas axudas que reciben os concellos para mellorar a calidade da súa oferta e promover as súas festas


Vimianzo (A Coruña), 12 de xuño de 2018.- O delegado territorial da Xunta na Coruña participou nun encontro de traballo para avanzar no Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia, realizado no xeodestino de Costa da Morte (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas). Ovidio Rodeiro fixo balance das principais liñas de axudas que este ano abriu Turismo de Galicia, que dirixe Nava Castro. Concretamente, na comarca de Carballo-Costa da Morte percibirán 239.772 euros para acometer obras de mellora de accesibilidade, sinalización ou acondicionamento das súas infraestruturas turísticas e para as súas festas declaradas de interese turístico galego. A esta cantidade hai que sumarlle o que aportan os propios concellos o que suporá que na comarca se investirán 362.000 ao abeiro destas axudas. Estas partidas inclúense dentro dunha convocatoria para toda Galicia na que Turismo investirá na nosa provincia más dun millón de euros.


- Te recomendamos -