O novo comisario da Policía Autonómica, Fernando Pico López, destacou hoxe na súa presentación ante os medios de comunicación a importancia da concienciación social para loitar contra os lumes forestais.
Pico mostrouse ilusionado ante esta nova etapa, resaltou o labor feito ata o de agora pola Unidade Adscrita e refrendou que o traballo de futuro pasará, principalmente, pola protección das vítimas de violencia de xénero, a investigación dos lumes forestais e a loita contra o furtivismo.
- Te recomendamos -