Inicio Galicia A Xunta impulsa un programa de formación especializado en promoción turística a...

A Xunta impulsa un programa de formación especializado en promoción turística a nivel europeo

0

As prácticas durarán 10 meses e desenvolveranse integramente en Bruxelas, co apoio de Turismo de Galicia e a Fundación Galicia Europa

A Xunta impulsa un programa de bolsas de formación especializado na promoción turística a nivel europeo. A iniciativa é froito da colaboración entre a Vicepresidencia e Turismo de Galicia.

A iniciativa consiste nunha bolsa dirixida a titulados superiores universitarios, que poderán especializarse en promoción turística; apoio á comercialización; participación en redes europeas e seguimento de políticas comunitarias; así como en oportunidades de financiamento con fondos europeos en materia de turismo.

As prácticas desenvolveranse de forma íntegra na oficina da Fundación Galicia Europea en Bruxelas durante 10 meses. Entre as funcións a desenvolver neste tempo, inclúense actividades como a asistencia a feiras de turismo, colaboración cos intermediarios turísticos, participación nos traballos da rede Necstour da que forma parte Galicia, elaboración de estudos e informes sobre distintos mercados, e realización de accións de marketing.

O beneficiario disporá dun titor asignado por Turismo de Galicia para orientar e supervisar a súa formación, ademais do apoio do persoal da FGE para o seguimento de políticas comunitarias e outras oportunidades de financiamento.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

- Te recomendamos -