Inicio Galicia O servizo de Gardacostas de Galicia ensinará a axentes da Ertzaintza os...

O servizo de Gardacostas de Galicia ensinará a axentes da Ertzaintza os seus procedementos de rescate

0

Catro membros da Unidade de Vixilancia e Rescate da Ertzaintza visitarán a vindeira semana a base do helicóptero Pesca 1 e realizarán diferentes accións de formación con membros do servizo aéreo de rescate de Gardacostas

Catro membros da Unidade de Vixilancia e Rescate da Ertzaintza visitarán a vindeira semana a base do helicóptero Pesca 1 e realizarán diferentes accións de formación con membros do servizo aéreo de rescate de Gardacostas. Esta colaboración foi solicitada pola Unidade de Vixilancia e Rescate da Ertzaintza co obxectivo de coñecer os procedementos e o equipamento utilizado na nosa comunidade para os rescates e as e evacuacións aeromédicas.

Os membros da Ertzaintza realizan esta visita interesados pola traxectoria de máis de 25 anos de experiencia deste servizo da Xunta e polos medios cos que conta Galicia en materia de salvamento. Durante a visita, que comezará o luns pola tarde e se prolongará ata o mércores, intercambiarán experiencias cos axentes do servizo aéreo de rescate de Gardacostas, que lle explicarán o seu sistema de traballo e os medios que utilizan.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

Ademais comprobarán os protocolos de actuación de Gardacostas como os procedementos de aproximación aos distintos tipos de embarcacións e as manobras de rescate recomendadas. Isto complementarano coa realización de prácticas de rescate no mar. A maiores, tamén realizarán exercicios simulados de rescate en montaña para poñer en práctica os procedementos de salvamento e de evacuación neste eido.

Servizo de GardacostasO Servizo de Gardacostas é o organismo dependente da Consellería do Mar que ten as funcións de vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño nas augas galegas. Estrutúrase en servizos centrais e en unidades operativas distribuídas por todo o litoral de Galicia. Para desenvolver os seus labores por vía aérea o servizo conta co helicóptero Pesca 1, con base en Vigo e co Pesca 2, con base en Celeiro. No ano 2015 este servizo cumpriu 25 anos de historia e neste tempo salvou a vida de máis de 1.500 persoas.


- Te recomendamos -