A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou na entrega de premios da 51 Edición do Rally de Ourense, que se desenvolveu durante dous días nas estradas da provincia ourensá. O acto tivo lugar no Xardín do Posío da cidade das Burgas. Esta proba automobilística xa é unha proba máis que consolidada no calendario do Campionato de España de Rallyes de Asfalto.
- Te recomendamos -