Inicio Galicia O secretario xeral de Cultura participa na entrega do XXXIII Premio Antón...

O secretario xeral de Cultura participa na entrega do XXXIII Premio Antón Losada Diéguez a Xosé Benito Reza e Xosé Luís Axeitos

0


O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe, no pazo de Moldes, na entrega da XXXIII edición do Premio Antón Losada Diéguez, que recibiron Xosé Benito Reza, na categoría de creación literariqa, por Terradentro, e Xosé Luís Axeitos en investigación e ensaio, por Manuel Antonio. Unha vida de rebeldía, as dúas obras publicadas por edicións Xerais de Galicia. O mantedor do acto foi Roberto Pascual, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e director da MIT de Ribadavia.

Os concellos de Boborás e O Carballiño convocan anualmente o Premio Antón Losada Diéguez coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense. Na edición deste ano, o xurado estivo presidido pola concelleira de Cultura de Boborás, Patricia Torres, e formado por Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño; Manuel Doval, deputado de Cultura da Deputación de Ourense; Chus Pato, académica da Real Academia Galega; Francisco Calo, en representación do Museo do Pobo Galego; Pegerto Fernández Saavedra, por parte do Consello da Cultura Galega; e representantes das universidades galegas.


- Te recomendamos -