Inicio Galicia Feijóo apela ao talento e á formación dos mozos galegos para facer...

Feijóo apela ao talento e á formación dos mozos galegos para facer a Galicia do futuro

0

Asevera que a Xunta seguirá xerando certezas: certezas para as familias, conxelando as taxas universitarias; e para os estudantes, docentes e investigadores, coa posta en marcha das bolsas Concepción Arenal á excelencia académica

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe ao talento e á formación dos mozos galegos para facer a Galicia do futuro.

Durante o acto académico de graduación dos alumnos da VII promoción do Grao en Turismo e da VIII promoción do Grao en Administración e Dirección de Empresas da Facultade de Empresas e Turismo, Feijóo trasladou os parabéns aos estudantes “por rematar a vosa formación e escoller o voso propio camiño”, dixo.

Aos que recolleron hoxe o Grao en Administración e Dirección de Empresas o presidente da Xunta lembroulles que Galicia está a bater récords de exportacións, con máis de 6.000 empresas exportando ao resto do mundo e a nosa Comunidade leva varios anos crecendo de xeito sostido. E aos graduados en Turismo recordoulles que o pasado ano chegaron a Galicia máis de 5 millóns de turistas e que este sector emprega na actualidade a 100.000 persoas e representa o 11% do PIB galego.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

O presidente da Xunta concluíu aseverando que a Xunta seguirá, pola súa banda, traballando e xerando certezas: certezas para as familias, conxelando as taxas universitarias por noveno ano consecutivo; certezas para os estudantes, docentes e investigadores, coa posta en marcha o vindeiro curso das bolsas Concepción Arenal á excelencia académica; certezas para os alumnos, mellorando o mapa de titulacións das universidades galegas para incluír 14 novos títulos, e emprendendo unha ambiciosa estratexia de especialización dos campus, un de cuxos referentes é o Campus da Auga


- Te recomendamos -