Inicio Galicia Susana López Abella participa nunhas Xornadas de convivencia organizadas pola Asociación de...

Susana López Abella participa nunhas Xornadas de convivencia organizadas pola Asociación de diagnosticadas de cancro de mama

0

As xornadas desenvólvense na Residencia de tempo libre de Panxón, no Concello de Nigrán

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración da ‘V Convivencia en feminino: Saúde entre mulleres’, que organiza esta fin de semana a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama, ADICAM.

No acto, que se celebrou na Residencia de tempo libre de Panxón, López Abella agradeceu o traballo “impagable” de ADICAM e animou ás participantes a “seguir mirando de fronte ao futuro, con coraxe e superación”. A secretaria destacou o traballo do asociacionismo feminino e de xornadas para compartir experiencias como a de hoxe xa que dende Adicam no só atenden ás mulleres afectadas de cancro de mama senón tamén aos seus familiares, dando cobertura en especial, ás mulleres en situación de vulnerabiliade.

A experiencia, explicou, contribuirá a paliar dúas das principais eivas que se teñen detectado á hora de afrontar a enfermidade: que ningunha muller se sinta soa e desorientada e, sobre todo, normalizar a percepción que existe na sociedade sobre o cancro de mama.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

Dende hai anos a Secretaría Xeral da Igualdade apoia o Programa de empoderamento que ADICAM leva a cabo para poder dotar ás mulleres das habilidades e capacidades necesarias para empoderarse, tendo en conta as características específicas de cada situación.

ADICAM leva traballando 18 anos apoiando as mulleres afectadas de cancro de mama dende que no ano 2000 se constitúe en Cangas, nacendo coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que a muller teña unha mellor calidade de vida e benestar.


- Te recomendamos -