Inicio Galicia Medio Rural celebra os 75 anos do Centro de Investigación Forestal de...

Medio Rural celebra os 75 anos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán cun recoñecemento para as mulleres

0

Ángeles Vázquez acudiu ao acto de conmemoración no que destacou o traballo dos que fixeron deste un centro de referencia a nivel internacional


A Consellería do Medio Rural celebrou hoxe o 75 aniversario do Centro de Investigación Forestal de Lourizán cun acto ao que acudiu a conselleira, Ángeles Vázquez, e no que se puxeron en valor estas instalacións, que desenvolven un traballo crucial para o desenvolvemento dos montes galegos e da súa conservación.

Nesta conmemoración quíxose ter un recoñecemento especial para as mulleres e á súa contribución á ciencia forestal a través dunha exposición dedicada a elas. “Ao longo dos anos fixeron un labor encomiable neste sector, pero non sempre recoñecida”, declarou Ángeles Vázquez, que declarou a necesidade de avanzar nesta cuestión.

A conselleira fixo ademais un recoñecemento “aos que loitaron para a creación do centro e aos que o manteron co paso dos anos” porque foron eles os que converteron Lourizán nun “centro de referencia non só a nivel autonómico e estatal, senón internacional”.

Xunto ao director do centro, Enrique Chamorro, asistiron tamén á celebración o director da Axencia Galega de Galicia Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez Vazquez, e o director de Ordenación Forestal, Tomas Fernández-Couto, entre outras autoridades do sector.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

Exemplares únicosDoutra banda, de modo simbólico no acto plantouse un exemplar de wollemia nobilis, unha rara e escasa árbore da familia das coníferas, única no seu xénero e que é considerada como un fósil vivente procedente de Australia.

Agora, tras esta plantación, Lourizán pasará a ser un dos 22 lugares únicos do mundo nos que, fóra de Australia, pode observarase esta curiosa especie cultivada. Esta árbore foi descuberta en 1994 por garda bosques nuns canóns remotos das montañas Azuis.

Historia do centroO Centro de Investigación Forestal de Lourizán creouse en 1943 baixo a denominación de Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais (Creief) e situouse na granxa da Serra e Touza, situada na parroquia de Lourizán.

Durante a súa longa traxectoria, o CIF desenvolveu multitude de proxectos en moi diferentes áreas de investigación forestal, sendo un efectivo axente divulgador de ideas dinamizadoras dentro do sector. Os seus traballadores, por exemplo, tiveron un papel moi activo no inicio do asociacionismo dos propietarios forestais galegos e involucráronse desde o principio no desenvolvemento dos ensinos universitarios forestais en Galicia. Ademais, a través das bolsas de formación de persoal investigador, foi un viveiro de investigadores e docentes que hoxe exercen o seu traballo noutras institucións dentro e fóra da nosa comunidade.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

No que se refire á divulgación, o centro leva a cabo un importante traballo para dar a coñecer todos os avances tecnolóxicos obtidos na investigación do ámbito forestal, efectuando tamén cesións de material xenético. Esas transferencias de tecnoloxía foron útiles, nalgunhas ocasións, para a creación de empresas e, noutras, para a mellora dos seus procesos tecnolóxicos.

Entre os seus logros máis destacados están por exemplo o impulso á mellora xenética do piñeiro bravo, a creación de pastos de labranza mínima e a mellora xenética de especies pratenses nos anos 50, o desenvolvemento de fertilizantes forestais en pastilla nos 60, a obtención de clons de castiñeiro resistentes a enfermidades, a identificación de novas enfermidades e pragas forestais e os seus tratamentos, a valorización e o impulso ao sector micolóxico, así como o inicio da silvopascicultura e o desenvolvemento da silvicultura preventiva de incendios.

De feito, mención especial merece a súa contribución contra a lacra dos incendios, xa que axuda antes e despois á conservación e recuperación dos montes afectados. Por exemplo, a través da caracterización dos combustibles forestais de Galicia e de modelos de predición de comportamento do lume, con melloras silvícolas para a rexeneración de montes queimados, así como co desenvolvemento de novas técnicas para avaliar a severidade dos incendios e rehabilitar as áreas queimadas, entre outras. 

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

- Te recomendamos -