Inicio Galicia A Xunta certifica que 10 praias do Barbanza están incluídas este ano...

A Xunta certifica que 10 praias do Barbanza están incluídas este ano na Rede de Praias sen Fume

0

O concello de Rianxo incorporase, por primeira vez, a este programa e o fai na categoría ORO, xa que todos os seus areais están libres de fume este verán

A Xunta informa que a comarca do Barbanza terá incluídas, este verán 10 areais formando para da Rede de Praias sen Fume. Como principal novidade este ano o concello de Rianxo incorporase por primeira vez e o fai con todas as súas praias, polo que acada a máxima categoría de ORO convertendo a este concello no segundo da provincia en conseguilo, xa que o ano pasado obtivo este distintivo ORO Corcubión xa que tamén incluíu todas as súas praias nesta rede.

A rede de Praias sen Fume parte da premisa da Consellería de Sanidade que, a sabendas de que o consumo de tabaco e a primeira causa de morbilidade e de mortalidade evitable, plantexa que non fumar na praia é un paso máis para conseguir unha sociedade sen tabaco para todos e entre todos.

O Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco, da Dirección Xeral de Saúde Pública, recolle esta iniciativa co fin de estendela por todo o litoral galego, creando a Rede Galega de Praias sen Fume. Os obxectivos son promover unha vida sen tabaco, desnormalizar o consumo do tabaco na sociedade, reforzar o papel modélico-positivo dos pais e nais e promover praias que respecten e coiden o medio ambiente.

Leer más:  Besteiro considera "antigallega" la actitud de Rueda con Sánchez: "En ese momento era importante velar por Galicia y Rueda prefirió apoyar a Feijóo"

Para o período estival deste ano 2018 están adscritos e confirmados ao programa 10 praias da comarca do Barbanza (A Vila, A Gafa, O Pozo, Arnela e Ornanda, en Porto do Son; As Cunhas, Tanxil e A Torre en Rianxo; Barraña en Boiro e Río Azor en Ribeira).

As praias sen fume invitan a absterse de fumar aos usuarios do areal, coa excepción dos espazos ao aire libre que se atopan nos locais de hostalería de cada un deles.

Ovidio Rodeiro destacou o “enorme valor natural, paisaxístico e ecolóxico das praias da provincia” e aproveitou a ocasión para agradecer a todos os Concellos “o esforzo que están a facer por coidar e potenciar as súas zonas turísticas”. Felicitou tamén a Rianxo por dar “o paso adiante de eliminar os malos fumes en todos os seus areais”. Lembrou que as cabichas tardan dez anos en degradarse no mar, máis tempo se se acumulan na área, e levan a pegada dos miles de compoñentes químicos que conteñen, tales como a nicotina ou o alcatrán, tamén tóxicos para a vida mariña.

Leer más:  Las ventas de la industria gallega incrementan un 5% durante el mes de julio

- Te recomendamos -