Inicio Galicia A Xunta amplía a oferta de actividades dos centros sociocomunitarios da provincia...

A Xunta amplía a oferta de actividades dos centros sociocomunitarios da provincia de Pontevedra

0

A Administración autonómica habilita un crédito adicional de 109.000 euros a repartir entre os 16 centros da provincia


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, mantivo na xornada de hoxe unha xuntanza de traballo cos responsables dos 16 centros sociocomunitarios que a Consellería de Política Social ten en funcionamento na provincia de Pontevedra. A finalidade desta reunión foi dar contar do reforzo da partida económica destinada ao desenvolvemento do programa de actividades que se leva a cabo nestes centros de titularidade e xestión públicas.

Ao respecto, Arturo Parrado explicou que este crédito adicional responde “a gran importancia do labor desenvolvido a través destes recursos, así como os innegables beneficios que producen nas persoas maiores, principais usuarias dos mesmos”. En concreto, o devandito incremento ascende a un total de 109.000 euros a repartir entre os 16 equipamentos da provincia, o que permitirá “potenciar aínda máis os centros sociocomunitarios como espazos dinamizadores e de encontro da poboación, en especial da xente maior”, apuntou o director xeral.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

Ademais, o responsable do departamento autonómico de Inclusión lembrou que “un dos obxectivos das políticas sociais da Xunta de Galicia pasa pola posta en valor e relanzamento destes recursos, como espazos para a integración e a socialización, así como para propiciar unha vida activa e participativa”. Así, entre as novas actividades que están programadas nestes centros da provincia de Pontevedra salientan como principais novidades: cursos sobre nutrición saudable nas familias, o obradoiro ‘Aprender para ser feliz’ ou un taller práctico sobre o manexo de teléfonos intelixentes.

O obxectivo dos centros é dar os mellores servizos ás persoas usuarias, polo que, sempre dentro das peculiaridades de cada un deles, ponse a disposición dos mesmos diversos servizos e equipamentos como aula informática, sala de televisión, hemeroteca, xogos de mesa etc. Así mesmo, algúns centros contan con servizo de perruquería, de podoloxía e de cafetaría.

Os centros sociomunitarios son recursos de participación e convivencia que teñen como finalidade potenciar a plena integración das persoas maiores na vida social e previr o seu deterioro psicosocial mediante a realización de actividades físicas, de ocio, a utilización do tempo libre de forma saudable e a promoción solidaria do voluntariado. 

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

- Te recomendamos -