SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 (EUROPA PRESS)
O número de demandas de disolución matrimonial en Galicia descenderon no terceiro trimestre de 2022 un 8,1 por cento con respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos estatísticos publicados este luns polo Consello do Poder Xudicial e difundidos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Galicia contabilizou 1.001 demandas de divorcio e separación do 1 de xullo ao 31 de setembro de 2022. En relación á poboación da comunidade, representa unha taxa de 37,2 demandas por cada 100.000 habitantes, un dato lixeiramente menor que a media estatal, 41,1.
Este descenso de divorcios no último trimestre de 2022 é unha tónica común no conxunto da nación, un 3,1 por cento menos, pero Galicia é unha das comunidades que, xunto a Comunidade Valenciana, Illas Baleares e País Vasco, tivo unha redución máis pronunciada de rupturas matrimoniais.
Os divorcios consensuados son os que máis diminuíron en comparación aos datos de 2021, ao baixar un 16,1 por cento. Con todo, incrementaron os divorcios non acordados na autonomía, de 399 a 414.
As separacións consensuadas pasaron de 22 a 24 no terceiro trimestre do ano, mentres que as non consensuadas manteñen a mesma cifra que o pasado ano, oito.
Os procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais tamén se reduciron en Galicia. As demandas de modificación de medidas consensuadas pasaron de 181 a 229 e as non consensuadas, de 245 a 251.
- Te recomendamos -