Inicio Galicia A Xunta ampliará o comedor do colexio público da Sagrada Familia atendendo...

A Xunta ampliará o comedor do colexio público da Sagrada Familia atendendo ás necesidades da comunidade educativa

0

As obras realizáranse este verán e consistirán nunha actuación sinxela ampliando o espazo aproveitando a sala de profesores e desprazando esta a unha aula contigua

A Xunta de Galicia levará a cabo, este verán, a ampliación do comedor do Colexio Público da Sagrada Familia atendendo ás necesidades da comunidade educativa e tras a visita realizada, esta mesma mañá, pola Xefatura Territorial para confirmar que esta actuación é posibleNeste senso, aténdese unha preocupación das nais e pais deste colexio e do equipo directivo e tras constatar a Xunta a necesidade de buscar unha solución para atender aos máis de 200 nenos que fan a comida principal no centro educativo.

Finalmente, optouse pola opción de ampliar a zona de comedor, empregando o espazo da aula de profesores, que se trasladará a outra zona do edificio, cunha obra sinxela que se realizará en verán en canto rematen as clases. Esta actuación permitirá atender a elevada demanda de prazas no comedor, que se prevé, sen necesidade de por en marchan unha terceira quenda de comidas.

A Consellería de Cultura e Educación está a realizar un forte esforzo económico para atender as necesidades educativas tanto na cidade herculina como en toda a comarca de coruñesa.


- Te recomendamos -